Páxinas

martes, 31 de marzo de 2020

ACTIVIDADES EN INGLÉS


Xa tedes un enlace ao blogue de inglés do colexio  .
Estas son os enlaces máis apropiados e divertidos para vós.
Preme enriba e xa tes acceso directo.


British Council for kids  

 

ESL Games


HOMESCHOOLING


OUP


A profe María está preparando máis material para a volta das vacacións.

HOXE IMOS DE VIAXE VIRTUAL!!!


Que vos parece se hoxe facemos unha viaxe virtual  polo Museo do Prado en Madrid? 

Ides ter unha amiga e un amigo que vos acompañarán, a infanta Margarita e o infante Francisco de Paula, e poderedes ver un montón de obras importantísimas.

Preme na imaxe para comezar



Tamén vos deixamos este enlace para xogar todxs xuntxs en familia, a ver se sodes boas e bos observadores!!


Xa nos contaredes !







luns, 30 de marzo de 2020

¡AL ABORDAJE!



A pola nova semana!!!  Xa falta menos!!!

E para pasar un rato de lectura e diversión agradable, traémosvos o 3º número dunha revista do grupo SM ¡AL ABORDAJE! que naceu para celebrar que hace 40 años empezouse a publicar a colección de libros infantis e xuvenis  Barco de Vapor.

Disfrutádea!!

domingo, 29 de marzo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL



Ola pandilla!!!

Esta é a nosa proposta de actividades para esta semana (30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL).
Fixádevos que na última sesión de mate, de lengua e de natu tedes as correccións dalgunhas das actividades feitas durante a semana. Poden servir como autoavaliacións.

Pinchade na imaxe e teredes acceso ao documento.





E xa chegamos ao final do segundo trimestre. 
Aínda que non parezca,empezamos unhas vacacións de semana santa un pouco extrañas, pero ánimo que o coronavirus non poderá con nós.


Durante o período vacacional (do sábado 4 ao luns 13 de abril)  todo o claustro do colexio decidimos pausar as subidas ás paxinas web e aos diferentes blogues. Asi que esta será a última proposta semanal ata despois das vacacións.

Non vos esquezades de contestar as preguntas que subimos na entrada: FAMILIAS: PRECISAMOS A VOSA AXUDA (está a continuación dos saúdos da profe Teresa). É moi importante para as profes poder contar coas respostas de todo o alumnado e comprobar que todxs estades conectados polo blogue.

SAÚDOS DA PROFE TERESA

Buenos días:
Soy Teresa, la profesora de música!! Qué alegría saludaros!!

Estoy convencida de que estáis en casa y que  estáis bien. Os envío muchos besos y abrazos.

He escogido una serie de actividades musicales para que disfrutéis. No están pensadas para una sesión, como tenéis en vuestro horario escolar, sino que son para realizar en  cualquier momento del día. Ya veréis como la música enriquece vuestra vida y la hace más divertida.

La otra semana os dejara, en la página principal  de la web del colegio, varias actividades musicales  para que disfrutarais con ellas.Si alguno no la encontró, que no se preocupe. Ahora,  que tenéis el enlace desde vuestro blog, os será más fácil acceder a ellas.

Escoger las que más os gusten.En algunas, sólo tenéis que escuchar, en otros: bailar, cantar, percutir.

 Qué bien lo vais a pasar!!La música es una gran compañera.

Me gustaría saber que os gustó más.

Muchos besos y hasta muy pronto:  Teresa



FAMILIAS, PRECISAMOS DA VOSA AXUDA !!


É MOI IMPORTANTE PARA NÓS QUE AS FAMILIAS QUE AINDA NON CONTESTACHEDES ESTAS PREGUNTIÑAS, O FAGADES AXIÑA. PRECISAMOS TER CONTACTO CON TODO O ALUMNADO.

Queridas familias:

Gustaríanos que contestarades a unhas preguntiñas para que poidamos saber como están a levar as vosas fillas e fillos o tema das tarefas escolares.


Con toda a información que nos aportedes, tentaremos axeitalas para que todo o alumnado poida levalas a cabo coa maior autonomía posible.



Moitísimas grazas pola vosa colaboración.


É moi importante para xs vosxs fillxs!! :) :)


María e Cris
É moi sinxelo. Pincha na imaxe e accederás as preguntas. Contesta e despois clica en enviar.



UN POUQUIÑO MÁIS DE INFORMACIÓN PARA VER EN FAMILIA


Bo día!!

Esta guia informativa foi elaborada pola Conserjería de Igualdad, Políticas Sociales y Conciliación da Junta de Andalucía, pola Dirección General de Infancia y el Observatorio de la Infancia de Andalucía.

Pensamos que vos pode ser de axuda






sábado, 28 de marzo de 2020

ÚNETE A LA HORA DEL PLANETA

¿ QUÉ ES LA HORA DEL PLANETA?

La Hora del Planeta nació en Sidney en 2007 como un gesto simbólico
 para llamar la atención sobre el problema del cambio climático

Un sencillo gesto que consiste en apagar las luces de hogares, negocios, edificios y monumentos durante una hora. Una acción que con los años se convirtió en un movimiento mundial del que ya forman parte miles de ciudades de 188 países, que en pasadas ediciones apagaron más de 17.000 monumentos y edificios emblemáticos.

La Hora del Planeta une a ciudadanos, empresas, ayuntamientos e instituciones para luchar contra el cambio climático y la pérdida de biodiversidad.

La naturaleza importa.Dependemos de la naturaleza para vivir, es el sistema de soporte vital del planeta y nos brinda todo lo que necesitamos, desde el aire que respiramos hasta el agua que bebemos y los alimentos que comemos. Y también es la mejor aliada para frenar los impactos del cambio climático.


 El 28 de marzo de 2020 de 20.30 a 21.30h celebramos la Hora del Planeta. 

Únete y lucha por tu naturaleza.
                                    Pincha encima de la imagen y entrarás a la página

venres, 27 de marzo de 2020

VOLVEREMOS A JUNTARNOS...



Bo venres para toda a rapazada e familia!!

Seguro que xa a escoitachedes pero hoxe queriamos compartir con vós a canción de Lucia Gil sobre a corentena.

Tamén temos unha proposta para vós. A canción fala de volvernos a xuntar e das cousas que faremos.
E ti,  que é o primeiro que tes pensado facer cando remate a corentena, que é o primeiro que ten ven á cabeza?

Podes escribilo, debuxalo, grabalo en video e mandalo para que todxs poidamos compartir esas ilusións. 
Lembra que tes que mandalo ao correo  trasteandonopombal@gmail.com

Esperamos as vosas aportacións!!!


xoves, 26 de marzo de 2020

PROBA CO FLASHMOB:AULAS GALEGAS

Ola rapazada!!!
O xoves é un bo día para mover o corpo, non vos parece?
A nosa proposta de hoxe ten que ver co baile, moito baile.... Animádevos e anímade a vosa familia. Todos a bailar!!!

Preme na imaxe


E non esquezades que tedes máis propostas no blogue de Educación Física do noso cole. Buscadeo no lateral dereito e clicade enriba.

mércores, 25 de marzo de 2020

DIARIO DE EMOCIÓNS: AULAS GALEGAS

E que vos parece facer un diario con todas esas emocións que estes días estamos a sentir?

Ás veces sentímonos un pouco tristes, outras veces máis alegres, outras nerviosas, outras preocupados, outras un poco ansiosos, outras emocionadas, outras tranquilos...

Pois con todas esas emocións imos facer un diario que por suposto podedes compartir con todos nós.
Non tedes máis que envialo ao noso correo  trasteando no pombal@gmail.com e as profes encargámonos de subilo nesa nova pestana que temos na parte de arriba: AS VOSAS APORTACIÖNS

Tedes toda a información premendo nesta imaxe

Podedes facelo como vos apeteza pero se precidsades dun pouco de axuda clicade neste enlace e tendes un modelo
https://drive.google.com/file/d/1vpKe-8lQiJ4iz7VUXDaOPI2RjVBf-lwY/view?usp=sharing
Disfrutadeo que é emocionante!!

APRENDEMOS EN CASA: CLASES EN LA TELE


Cómo vai este mércores????
Xa estamos na metade da segunda semana!!!

Xa sabedes que o Ministerio de Educación xunto coa Radio Televisión Española puxeron en marcha  o proxecto:  APRENDEMOS NA CASA  unha iniciativa máis para axudar na aprendizaxe durante estes días. 
As cadeas onde se emite son CLAN e  La 2. Según a idade dano nunha cadea ou outra e en diferentes horarios.
Para nós, o máis axeitado é a idade de 8 a10 anos, a cadea é CLAN e o horario de 10:00h a 11:00h.

Clicando nesta primeira imaxe, tedes toda a información para a vosa familia

Aquí tendes unha táboa co diferente horario e os diferentes contidos.


Se non podedes velo en directo na tele nese horario, podedes acceder premendo neste enlace e ver todos os episodios anteriores







martes, 24 de marzo de 2020

HOXE... ANIMÁDEVOS A DEBUXAR?




Bo día!!!

Hoxe imos debuxar pero non calquera cousa, nin nun papel, nin o tempo que nos apeteza

Descubreo!!  Clica na imaxe

luns, 23 de marzo de 2020

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA DENDE O SOFÁ!!! VAIA SORTE!!





Aquí estamos de novo cunha proposta moi especial.

Todos os anos por estas datas na cidade de Pontevedra celébrase o o Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Xa son moitos anos, dende 1999.

Todas as persoas que traballan na súa organización teñen moi claro que o libro e a lectura, especialmente nas primeiras idades, é a mellor maneira que temos de transformar o mundo e convertelo nun lugar máis xusto e máis libre.

Pero este ano, por mor do estado de Alarma tivo que cancelarse presencialmente pero...
temos a sorte de poder contar co Salón Virtual onde disfrutaredes con un montón de propostas

Se pinchades na imaxe de abaixo, poderedes empezar a pasalo fenomenal!!!



PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO



Ola pandilla!!!

Esta é a nosa proposta de actividades para esta semana (23-27 marzo).

Pinchade na imaxe e teredes acceso ao documento.






A pola segunda semana!!!
Ánimo!!!

sábado, 21 de marzo de 2020

FELIZ DÍA POESÍA!!!



    Aquí estamos de novo!!! Aínda en finde!!

Non queríamos deixar pasar esta data sen conmemorar o DIA MUNDIAL DA POESÍA  e desexar un bo día a todas as persoas que xogan coas palabras. Siiii! a vós tamén!!!.

Deixámosvos un enlace con algunhas propostas por se vos apetece levar a cabo algunha compartindo o tempo en familia.

Saudiños  poetícos para todxs



venres, 20 de marzo de 2020

CONTOS, CONTOS E MÁIS CONTOS



Bo día!!! Como seguimos??

A entrada de hoxe vai de contos, moitos contos... Algúns xa os coñeceredes pero xa sabedes que é  moi importante que escoitedes e leades moitos contos en galego.


O divertido periplo da pota que trota, as dificultades dunha tartaruga para poder durmir ou as peripecias dunha familia para rescatar un gato dunha árbore son algunhas das aventuras destes contos.

Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO editora.



CONTOS NO CAMIÑO


http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

COUSAS, COUSIÑAS...




BOAS A TODA  A RAPAZADA !

As vosas profes esperamos que todas as familias vos atopedes ben.

Na dereita engadimos dous enlaces para entrar no blogue da profe de A.L. (audición e linguaxe) e tamén o blogue de educación física, para mantervos en forma e practicar exercicios, bailes,...

MOITO ÁNIMO !!!😀😉😉

SABES COMO FUNCIONAN OS VIRUS?



Ola, ola!!!!

Hoxe queremos compartir con vós o funcionamento dos virus e a necesidade de lavarnos as mans un montón de veces ao día.

Probade vós mesmos, facede o experimento!!

Saudiños



SABES COMO FUNCIONAN OS VIRUS? 
AULAS GALEGAS


http://aulasgalegas.org/sabes-como-funcionan-os-virus/

https://drive.google.com/file/d/1_PInmg6qhIfMhFmVI8vtxY1g79e-i6IN/view?usp=sharing

mércores, 18 de marzo de 2020

MÓVETE NA CASA!!!


 Ola rapazada!!

Xa sabedes da importancia de facer algún tipo de actividade física estes días na casa.

Aquí deixámosvos unha ligazón para que o pasedes xenial toda a familia seguindo os retos de cada día.




14 DÍAS, 14 RETOS  MÓVETE NA CASA :  AULAS GALEGAS



http://aulasgalegas.org/14-dias-14-retos-de-actividad-fisica/



https://drive.google.com/file/d/1e7mDdJK_pFJYheSlgDBpSgv_TvOZuo8x/view?usp=sharing

QUEREDES ESTAR EN CONTACTO COAS VOSAS PROFES E @S VOS@S COMPAÑEIR@S?




Pois moi facil!!


Primeiro fíxate cal é o padlet da túa clase e a continuación  pon o cursor enriba de onde pon comentario . Como xa escribimos moitxs, tes que baixar a barra que está nun lateral para ler os anteriores e empezar a escribir ti. 

Primeiro pon o teu nome para que todxs poidamos saber quen eres.
                                                                                 


Xa podes escribir o que te apeteza: un saúdo para o resto da clase, un comentario sobre como estas a levar estes días na casa, algunha dúbida relacionada coas tarefas que tes que facer, o que ti queiras contarnos...  



Todo o que escribades, poderémolo ver 




Animádevos e así estaremos en contacto!!!




Hecho con Padlet

martes, 17 de marzo de 2020

PANDEMIA DE CONTOS





Olaaaaa!!!

Hoxe presentámosvos unha proposta moi cantareira. 

O Colectivo Narración Oral Galega tráenos unha cantiga titulada "Contar ata cero"

Seredes quen de aprendela e cantala así de rápido?? 

Lembrade que mentres cantamos estamos a traballar a expresión oral en galego.  


Adiante!!!







luns, 16 de marzo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 16 DE MARZO




Para esta semana, a nosa proposta é a seguinte, preme na imaxe:






HOMENAXE: ESTAMOS EN BOAS MANS



E que vos parece esta proposta?? Animádevos!!

Autoría: Alba Pacín 
Adaptación:Chus Vázquez

ALGUNHAS COUSIÑAS SOBRE AS ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA





Queridas  familias:



Como vai todo??  Esperamos que levedes a situación do mellor xeito posible...

A partires de hoxe, iremos subindo semanalmente as diferentes actividades que as vosas fillas e fillos deben realizar. Lembrade que o mellor horario para facelas é pola mañán, como si estiveran no cole.

Planificaremos as actividades semanalmente, tendo en conta o número de sesións que teñen no horario de cada asignatura:
  •        Matemáticas: 4 sesións
  •        Lengua e lingua: 4 sesións
  •        Naturais ou Sociais: 5 sesións



Se queredes poñervos en contacto con nós, facédelo a través do correo trasteandonopombal@gmail.com  poñendo no asunto ademáis do tema do contacto, o nome da nena ou neno e o nome da titora. Tamén podedes facer comentarios neste blogue.

Ademais disto, aquí vos deixamos un video cun montón de propostas para disfrutar en familia. 


             



E tamén...




      Un saúdo e boa cuarentena!!!!!
Nós tamén        #quedamosnacasa.

                                            María e Cris







domingo, 15 de marzo de 2020

UN CONTIÑO PARA AXUDAR A ENTENDER A SITUACIÓN








Atréveste a facer as actividades que te propon?  Se queres mandarnos o audio ou o video da túa creación musical podes facelo ao correo trasteandonopombal@gmail.com



martes, 10 de marzo de 2020

24 de febreiro día de Rosalía



Como o 24 de febreiro día que se celebra o nacemento de Rosalía, coincidiu co entroido, empezamos a traballar a figura de Rosalía de Castro esta semana .
Neste curso  traballamos:
  • A súa biografía,elaborando unha liña cronolóxica e xogando co Bee-bop no tapiz de Rosalía de Castro (xogo de preguntas e respostas sobre a súa vida)





  • Aprender un par de estrofas do poema "Adios ríos ,adiós fuentes " en versión Rap.

  • Descifrarán poemas, sopas de letras con palabras utilizadas nos poemas,...
  •  























Buscaron,utilizando as tablets, que rúas de Vigo teñen nome de muller e cal delas leva o  nome  de Rosalía de Castro e onde está no rueiro.