Páxinas

xoves, 14 de maio de 2020

XOVES 14 DE MAIO: SOCIAIS E PLÁSTICA




                              Bos días rapazada!
Xa estamos a 14 de maio e case rematando a semana. Hoxe toca repasar o que aprendimos en SOCI sobre o a REPRESENTACIÓN DA TERRA


           1º.-  O globo terráqueo e os mapas.

           2º.- Os continentes e os océanos.

           3º.- A orientación 



Empezamos lembrando todo o que aprendimos na presentación. Aqui a tedes




E agora outra actividade interactiva. Nela traballararedes cos océanos, os continentes e os animais que habitan neles.

Lembrade que cando rematedes sae unha pantalla onde tes que premer onde pon ENVIAR MIS RESPUESTAS A MI PROFESORA . 
A continuación tes que ESCRIBIR o teu nome completo, o curso (3º A ou 3º B), a asignatura (sociais) e o noso mail 
(trasteandonopombal@gmail.com). 
E por últimos clica en SEND que significa enviar. 
Xa está!! Rematado!! O teu traballo chegara a nós, as vosas  profes!!!

Premede na imaxe para empezar


E agora algún xoguiño de orientación. A ver que tal se te da!!

Cando premas neste enlace, irás directamente a presentación dun personaxe. 


Podes vela ou darlle a omitir e chegarás a esta pantalla onde terás que clicar en MAPAS e GLOBOS



A continuación, escoller la lección 4


Xa podes seguir aprendendo sobre orientación!!




PLÁSTICA



"As pitas baixo a choiva"
 É un conto de Ricardo Carvalho Calero

(Aquí tedes un pequeno fragmento do conto).

Aquel serán, detrás dunha fiestra, eu ollaba chover. E de súbito vin as pitas. Malpocadas! Coas colas baixas, a cabeza afundida, achegadas ao muro, nos recunchos, esmorecidas, murchas, tristeiras, a auga escorregaba por riba delas, teimosa, cruelmente. Non o puiden aturar. Baixei como un lóstrego e abrinlles a porta da casa.....
pollo-imagen-animada-0042
AGORA VAI O RETO DE PLÁSTICA. 

 Hoxe, tes que facer unha, galiña ou un galo...
con material de reciclaxe!!!. 
Non sexas galiña e atrévete a facer a galiña ou galo máis divertido!

Cando as teñades feitas, facerlle unha foto e enviala ao correo de: 
                       trasteandonopombal@gmail.com


  Entre todxs imos montar  un galiñeiro!!

          Aquí tedes diferentes modelos para que vos inspiredes.

       
                                                                                                         


                                     
                           











Lembrade que se queredes pasar un bo rato xogando, premendo na imaxe entrarás nas actividades desta semana das Letras Galegas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario