Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta LINGUA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LINGUA. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de maio de 2020

MÉRCORES 27 DE MAIO: OUTRA VEZ LINGUA E EDUCACIÓN FÍSICA


   


Ola rapazada!                                                         
Que tal vos sairon os problemas matemáticos? O venres na videoconferencia resolveremos as dúbidas que teñades.


Aquí tedes a solución.





Practicamos co noso corpo con E.F.


Na seguinte ligazón tedes a a proposta desta semana de Educación Física.
 "Esta semana tócanos practicar lanzamentos"
e a conseguir estes retos!!!







                   E agora imos con LINGUA     


1ª TAREFA
Hoxe tócanos Comprensión lectora. Que vos parece unha historia de bruxas?? Adiante, sen medo, premede na imaxe para acceder.


Agora colle a libreta de lingua e anota o traballo que tes  que facer no libro dixital. Deste xeito xa non terás que volver ao blogue para ver cada actividade.

2ª TAREFA
Tócanos traballar cos determinantes artigos e as súas contraccións.

Entra no libro dixital de lingua, no tema 6 A HORA DO ALMORZO nas páxinas 96 e 97  
.-   Repasa o cadro azul de teoría da páxina 96 e  copia na libreta o cadro das contraccións  da páxina 97

.- Preme nesta imaxe para facer unha ficha interactiva  sobre as contraccións. 
Cando remates clica no botón de enviar ao profesorado poñendo o mail trasteandonopombal@gmail.com



3ª TAREFA
Seguimos con ortografía e as palabras con g
Entra no libro dixital de lingua, no tema 8 CUN OLLIÑO PECHADO, na paxina 130 

.- Estuda o cadro azul de teoría.

.- Fai as actividades do caderno de lingua das páxinas 48 e 49.


Mañá pondremos a solución das actividades do caderno.

mércores, 20 de maio de 2020

MÉRCORES 20 DE MAIO: REPETIMOS CON LINGUA E EDUCACIÓN FÍSICA

                                             



                         

Bos días rapazada! 
Onte  tivéstedes varios problemas coas tarefas de matemáticas e co enlace as actividades de inglés.

As veces pasan estas cousas no mundo virtual,non sabemos se son os trasnos informáticos ou nós que xa toleamos un pouco!!😉😉


Aquí tedes as solucións dos problemas da páxina 20 de matemáticas de onte.
Preme na imaxe e corrixe os teus exercicios.

         


E agora.....

Movemos o corpo con E.F.


Na seguinte ligazón tedes a a proposta desta semana de Educación Física.
 "Esta semana practicamos os equilibrios, hai retos que conseguir."
Animadevos a mandar algunha fotiño ao enderezo do blogue de E. F.






                   E agora imos con LINGUA     

1ª TAREFA
Hoxe tócanos Expresión Oral en galego e ... seredes capaces de superar este reto? Trátase dun trabalinguas que tedes que intentar recitar de memoria... (tamén serve aprender so un trociño, ehhhh!!).

Preme na imaxe para entrar e empezar a practicar e así o venres o imos a utilizar como saúdo inicial na videoconferencia.


Agora colle a libreta de lingua e anota o traballo que tes  que facer no libro dixital. Deste xeito xa non terás que volver ao blogue para ver cada actividade.

2ª TAREFA
Tócanos traballar cos determinantes. Imos repasar os determinantes demostrativos e os determinantes posesivos.

Entra no libro dixital de lingua, no tema 7 A ILLA REMEIRA, nas páxinas 112 e 113  
.-   Repasa os dous cadros azuis de teoría 
.- Entra en recursos ( barra de arriba con icono de 9 puntiños) e fai a actividade interactiva Os demostrativos e os posesivos.

3ª TAREFA
Seguimos cos determinantes pero esta vez trátase dos determinantes numerais.
Entra no libro dixital de lingua, no tema 8 CUN OLLIÑO PECHADO, na paxina 128 
.- Le o texto e fíxate nas palabras destacadas.
.- Copia o cadro azul de teoría na túa libreta.

Agora fai as actividades do caderno de lingua das páxinas 46 e 47.



Mañá pondremos a solución das actividades do caderno.









martes, 12 de maio de 2020

MARTES 12 DE MAIO MATEMÁTICAS E INGLÉS



Hoy martes 12 de mayo iniciamos el día con matemáticas e inglés







MATEMÁTICAS
Esta semana continuaremos repasando las fracciones y haremos una prueba para ver  que tal vais.


¿PREPARADOS?, ¿PREPARADAS?


coche-de-carreras-imagen-animada-0005


                      Calentando los motores



 1º.-Hoy empezamos  a utilizar el libro digital de matemáticas.
 a).- Vete al primer trimestre tema 6: las fracciones.Repasa la información que hay en las páginas 102 y 104.


b).- En la página 105 entra en este apartado y practica lo aprendido.





 2º.-  Ahora ya estás preparado para hacer la prueba en el siguiente cuestionario.
Para ello necesitas:

- Libreta de matemáticas para coger datos y resolver las preguntas.
Vete respondiendo al cuestionario despacio, pregunta por pregunta,no tengas prisa.Haz las operaciones necesarias para elegir la respuesta correcta.
- Repasa las respuestas.
- Una vez hecho el cuestionario dale a finalizar y recibirás tu puntuación.


No te olvides de poner tus datos y tu correo electrónico.

Cliquea en el enlace para entrar en el formulario

                          https://forms.gle/6Uckzgdp9wLjWU8x8



INGLÉS

Premede na imaxe...información importante

Premede na imaxe para acceder á tarefa








Lembrade que se queredes pasar un bo rato xogando, premendo na imaxe entrarás nas actividades desta semana das Letras Galegas.













mércores, 6 de maio de 2020

MÉRCORES 6 DE MAIO: LINGUA E EDUCACIÓN FÍSICA




Movemos o corpo con E.F.


Na seguinte ligazón tedes a a proposta desta semana de Educación Física. Mirade ben os vídeos para ver se recoñecedes a alguén.


Podedes participar mandado fotos ou vídeos das vosas actividades.  


                       Captura de pantalla 2020-04-24 a las 9.15.58.png



Canto movemento, agora tócanos un pouco de relax e concentración con LINGUA. 
Hoxe imos cantar con animais.
Clicando na imaxe accederas ao traballo que tes que facer.






Por petición popular poñemos hoxe as solucións das tarefas de matemáticas de onte.
Preme na imaxe e corrixe os teus exercicios.







mércores, 29 de abril de 2020

MÉRCORES: LINGUA E EDUCACIÓN FÍSICA



Hoxe toca un pouco de E.F.


O profe Juan Pedro recoméndavos practicar o BOTE,  e algunha outra actividade divertida.

Preme na imaxe e accederás as actividades proposta para esta semana no blogue de  E.F.









E despois de tanta actividade, unhas actividades máis tranquilas de LINGUA. 
Hoxe iniciamos o tema 8 : "Cun olliño pechado"
Clicando na imaxe accederas ao traballo que tes que facer.
(Para facer a segunda actividade tes que permitir o acceso ao adobe flash player)




Ata mañán!!!!