Páxinas

mércores, 20 de maio de 2020

MÉRCORES 20 DE MAIO: REPETIMOS CON LINGUA E EDUCACIÓN FÍSICA

                                             



                         

Bos días rapazada! 
Onte  tivéstedes varios problemas coas tarefas de matemáticas e co enlace as actividades de inglés.

As veces pasan estas cousas no mundo virtual,non sabemos se son os trasnos informáticos ou nós que xa toleamos un pouco!!😉😉


Aquí tedes as solucións dos problemas da páxina 20 de matemáticas de onte.
Preme na imaxe e corrixe os teus exercicios.

         


E agora.....

Movemos o corpo con E.F.


Na seguinte ligazón tedes a a proposta desta semana de Educación Física.
 "Esta semana practicamos os equilibrios, hai retos que conseguir."
Animadevos a mandar algunha fotiño ao enderezo do blogue de E. F.






                   E agora imos con LINGUA     

1ª TAREFA
Hoxe tócanos Expresión Oral en galego e ... seredes capaces de superar este reto? Trátase dun trabalinguas que tedes que intentar recitar de memoria... (tamén serve aprender so un trociño, ehhhh!!).

Preme na imaxe para entrar e empezar a practicar e así o venres o imos a utilizar como saúdo inicial na videoconferencia.


Agora colle a libreta de lingua e anota o traballo que tes  que facer no libro dixital. Deste xeito xa non terás que volver ao blogue para ver cada actividade.

2ª TAREFA
Tócanos traballar cos determinantes. Imos repasar os determinantes demostrativos e os determinantes posesivos.

Entra no libro dixital de lingua, no tema 7 A ILLA REMEIRA, nas páxinas 112 e 113  
.-   Repasa os dous cadros azuis de teoría 
.- Entra en recursos ( barra de arriba con icono de 9 puntiños) e fai a actividade interactiva Os demostrativos e os posesivos.

3ª TAREFA
Seguimos cos determinantes pero esta vez trátase dos determinantes numerais.
Entra no libro dixital de lingua, no tema 8 CUN OLLIÑO PECHADO, na paxina 128 
.- Le o texto e fíxate nas palabras destacadas.
.- Copia o cadro azul de teoría na túa libreta.

Agora fai as actividades do caderno de lingua das páxinas 46 e 47.



Mañá pondremos a solución das actividades do caderno.









Ningún comentario:

Publicar un comentario