Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de febreiro de 2015

AS MENINAS DE VELÁZQUEZ



Xa estamos preparándonos para celebrar o entroido, e como tódolos anos, imos  celebralo e prepararemos os nosos disfraces na clase.
Este curso como estamos traballando sobre o arte ,decidimos disfrazarnos dun cadro moi interesante e coñecido mundialmente....... AS MENINAS .



Se premes enriba do cadro e atoparedes  unha explicación sobre quen aparece no cadro e un vídeo explicativo  das  Meninas do Museo del Prado.


Agora mans a obra e:


·     Busca información sobre o pintor e a que época pertence.
·     Analiza as características que compoñen esta obra: cores,tamaño do lienzo,técnica ,      luz, profundidad,,…
·      Investiga sobre os personaxes que aparecen no cadro:como se chaman, que fan,...
·       Descobre outras versións sobre as Meninas feitas por outros pintores.


Se queres saber máis podes premer enriba da Infanta Margarita: 



Agora imos  xogar e  Desenrolar a  túa atención polo detalle! Busca nestas obras os elementos ocultos e descobre o que de outra forma non verías.





sábado, 27 de decembro de 2014

EXPERIMENTAMOS COA ARTE



A arte é unha ventá que permite aos nenos mirar non só cara ao mundo que os rodea, senón tamén cara ao seu pasado, a súa propia historia e a historia da humanidade.



A arte promove a capacidade creativa e axuda no proceso de desenvolvemento da autoestima, a motivación e a disciplina.


Participar en actividades artísticas axuda a respectar outras maneiras de pensar, á vez que lles da ferramentas para resolver os seus propios problemas e para comunicar os seus pensamentos e ideas en diferentes formas.


Este curso iniciamos unha nova experiencia 

 A través dunha viaxe polo mundo da pintura e os seus pintores máis representativos, aprenderemos a interpretar a historia dende a època da prehistoria.

No primeiro trimestre, iniciamónos coa Prehistoria,as súas etapas e a pintura rupestre. 
Experimentaron con diferentes técnicas como os homes do Neolítico, e tamén debuxaron  imitando  e utilizando os seus instrumentos.

Aqui podedes ver que ben quedou a réplica da caverna de Altamira.

PINTURAS RUPESTRES