Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta A Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Paz. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

 

O 30 de xaneiro conmemórase o día  da paz e non violencia.

Este ano imos a dedicar unha semana para realizar cada día unha actividades que favorecen a PAZ e o bo entendemento entre todos.

Este é o cartel das actividades propostas:






Este ano, para conmemorar o Día da Paz, imos celebrar a 3ª Edición da Marcha 

pola Igualdade  a favor da Asociación DISCAMINO.

Esta asociación xurde en Vigo no ano 2009 para unir discapacidade e Camiño de Santiago, e así axudar a persoas con problemas de mobilidade a cumplir o seu soño de peregrinar a Santiago.

Como en anos anteriores, cada participante buscará entre os seus familiares e coñecidos patrocinadores que valoren o seu esforzo cunha pequena achega económica  que servirá para axudar a asociación Discamino.

Cos cartos que cada participante recolla dos seus patrocinadores faremos a correspondente doazón aos compoñentes de Discamino para que poidan seguir adiante cos seus retos.


Ao tratarse dunha marcha solidaria a finalidade non é a vitoria senón a participación e colaboración de todos e todas: poderase camiñar ou correr según as posibilidades de cada quen.

Neste video podedes ver as noticias no telexornal sobre Discamino 



PREPARADOS PARA A CARREIRA!!


                                        

                                  TODA A RAPAZADA CHEGOU A META E GOZOU DO DÍA




Grazas mamás por axudarnos na carreira!!





O MARTES RECIBIMOS A VISITA DE UXÍA 

 Se queredes saber máis  sobre ela e escoitar algunha canción, premer enriba do enlace e entra no o blogue de normalización lingüística do cole. 

                                                                      CANCIÓNS DE UXÍA


Así recibiron a Uxia o alumnado de 3º e 4º .
                                                                    Fotos da visita de Uxía





Durante toda a semana fixemos en clase  actividades relacionadas coa paz.







GRAZAS A TODOS OS PATROCINADORES E APOSTAR POR ESTA MARCHA.


A CANTIDADE  RECAUDADA FOI DE 1.207,49€


RETO CONSEGUIDO!!





venres, 10 de febreiro de 2023

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA ESCOLAR



O 30 de xaneiro conmemórase o día  da paz e non violencia.

No colexio preparamos varias actividades:

_ Toda a rapazada escribiu unha mensaxe ou un desexo de paz nunha pulseira para que calquer neno ou nena a poidera coller si a mensaxe gústáballe.

A cambio da pulseira, cada un deixaba outra mensaxe ou desexo escrita nunha folla de cor.

Resultou unha experiencia moi positiva!!!














E xa toda a rapazada preparada para a carreira pola PAZ:





xoves, 30 de xaneiro de 2020

III CARREIRA SOLIDARIA


Logotipo

Como todos os anos, ao final do mes de xaneiro,celebramos o día da Paz e a non violencia escolar.
Este ano decidimos aportar o noso pequeno gran,realizando carreira solidaria a favor da asociación de Discamino.

 DisCamino é un proxecto que naceu para unir Discapacidade e Camiño de Santiago, axudando a persoas con problemas a cumprir o seu sono de chegar a Santiago.


DisCamino non só é o roteiro, é a preparación física e mental necesaria para levar a cabo este reto   é:

  •    O compañeirismo que xorde nos retos compartidos,
  •     A ilusión de implicarse en algo que cambiará a túa vida e encheraa de significado.
  •     O día a día de moitas persoas que, aínda que nunca vaian poder pedalear, teñen necesidade de algo, ou de alguén, que lles axude ou acompañe no seu paso por este mundo.

Participando na CARREIRA SOLIDARIA, están axudando a pagar o  material,  os desplazamientos, manutención nos roteiros, aloxamentos… e evitar a exclusión social.

Se queredes ter máis información podedes entrar neste enlace:


Recibimos no colexio a  visita de Javier Pitillas e un representante de Discamino. Resultou unha experiencia moi gratificante.





Tamén na clase estiveron traballando sobre o significado da palabra Paz e  en grupos construiron unha frase de Gandhi e Nelson Mandela que está exposta na entrada principal do colexio.



Neste pequeno video,podedes ver como un grupo de clase ten unha receita para vivir tranquilo.

Parabéns a todos e todas!




"I have a dream" (Martin Luther King)

Esta é a frase que escollimos para compartir co resto da escola no hall de entrada ao centro. Aquí estamos ben atarefados pegando boliña tras boliña, pero en equipo é moito máis doado.

Nós tamén temos un soño: favorecer a inclusión das persoas con discapacidade.
 Non faltes á nosa carreira solidaria a favor de DISCAMINO



o  xoves 30 o día da Paz e non Violencia escolar,todo o alumnado do colexio,realizaron un pequeno acto na pista,escoitaron auns compañeiros do colexio que quixeron dar un pequeno concerto con instrumentos de vento, e despois as nais da AMPA prepararon unha chocolatada que foi a ledicia de todos.



O venres 7 de febreiro,por fin realizamos a carreira solidaria e grazas aos patrocinadores de toda a rapazada,fomos quen de conquerir unha axuda para mercar o cabriolet para a asociación de discamino.
Foi unha experiencia moi entrañable.









domingo, 20 de maio de 2018

mércores, 31 de xaneiro de 2018

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Durante toda a xornada escolar estivemos traballando o que significa ser solidario e solidaria.
 descubrieron o que significa desnutrición e escribieron o que para eles representaba a Carreira .

Resultou un día moi interesante.



domingo, 28 de xaneiro de 2018

CARREIRA SOLIDARIA

O martes 30 de xaneiro celebraremos o día  escolar internacional pola Paz e  a non violencia.

Este ano, toda a comunidade educativa,  apoiaremos a iniciativa da ONG  “ SAVE THECHILDREN” .


Dende 2013 a mitade da poboación do Sudán do Sur emigrou por motivos bélicos a outros paises, sendo os cativos  os máis vulnerabeis  á situación  de violencia  e desnutrición.


Coa carreira :
“QUILÓMETROS DE SOLIDARIDADE”,

podemos colaborar coa:
  • ·       Alimentación suplementaria para os menores malnutridos.
  • ·       Mercar vacinas e atención médica.
  • ·       Proporcionar lugares seguros para os menores que quedan sen as súas familias.
Cada cantidade,por pequena que sexa,é importante. 












CÀLZATE OS 

TENIS 

E COLABORA!!!

luns, 20 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz e non violencia escolar.
O alumnado realizou varias actividades relacionadas coa  Paz.colocaron as pancartas co lema da paz polas ventás do colexio e para rematar cantaron todos xuntos a canción de Bob Dylan " The answer is blowing in the wind".
Tamén foi o día das apertas ;

luns, 26 de xaneiro de 2015

SEMANA DA PAZ


CELEBRAMOS A PAZ NO POMBAL from Ceip o Pombal on Vimeo.

30  de Xaneiro día da PAZ

O 30  de xaneiro celebramos o día da Paz.
Durante toda a semana realizamos actividades entorno a Paz e a NON violencia.
  • Construimos entre todo o alumnado do cole o cuadro do Guernica de Picasso máis ...... dándolle un toque de cor! .

Mirade que colorido está agora




  • Coa mestra Teresa aprendemos a canción  Xira

Dalle co rato enriba da Pomba  de  Picasso  e escoita a canción de Xira



Aqui tedes a letra da canción:

Xira , xira que te xira,
arredor do mundo, xirareiiiii.
Xira , xira que te xira,
arredor do mundo, cantareiiiiii
arredor do mundo, xirareiiiii

Coas mans collidas,
formando unha gran roda,
que o mundo poderá abrazar,
sendo bos amigos,
sempre moi unidos,
xuntos poderémolo coidar.
Retrouso

                                                               Nos vales e nos ríos,
                                                               nos vales e nos montes,
                                                               a nosa axuda serviráááá
                                                               para ter aire puro
                                                               un mundo máis seguro
                                                               xuntos poderémolo acadar, aar, aar

Retrouso (bis)


tamén traballouse coas tabletas.Por grupo realizouse actividades de buscar un campo semántico entorno a Paz e insertar unha foto.