O 30 de xaneiro conmemórase o día da paz e non violencia.
Este ano imos a dedicar unha semana para realizar cada día unha actividades que favorecen a PAZ e o bo entendemento entre todos.
Este é o cartel das actividades propostas:
Este ano, para conmemorar o Día da Paz, imos celebrar a 3ª Edición da Marcha
pola Igualdade a favor da
Asociación DISCAMINO.
Esta asociación xurde en Vigo no ano 2009 para unir discapacidade e Camiño de Santiago, e así axudar a persoas con problemas de mobilidade a cumplir o seu soño de peregrinar a Santiago.
Como en anos anteriores, cada participante buscará entre os seus familiares e coñecidos patrocinadores que valoren o seu esforzo cunha pequena achega económica que servirá para axudar a asociación Discamino.
Cos cartos que cada participante recolla dos seus patrocinadores faremos a correspondente doazón aos compoñentes de Discamino para que poidan seguir adiante cos seus retos.
Ao tratarse dunha marcha solidaria a finalidade non é a vitoria senón a participación e colaboración de todos e todas: poderase camiñar ou correr según as posibilidades de cada quen.
Neste video podedes ver as noticias no telexornal sobre Discamino
Ningún comentario:
Publicar un comentario