Páxinas

venres, 22 de maio de 2020

VENRES 22 DE MAIO: BIBLIOTECA E FAMILIA




Xa estamos a venres pero aínda quédanos o RETO DA NOSA BIBLIOTECA que esta semana pretende poñervos a traballar a toda a familia.
Será porque o 15 de maio foi o día da familia e a nós gústamos celebralo durante todo o mes?


Aquí vos deixamos o enlace. Premede na imaxe  porque ademáis do reto desta semana tedes un dicionario moi, moi especial





E para falar de diferentes tipos de familias, nada mellor que este libro de Xosé Antonio Neira Cruz titulado 
UNHA CHEA DE FAMILIAS
onde percorremos da man da nena Mariña o edificio onde vive co seu pai, que podería ser calquera edificio de calquera das nosas cidades.



E se preferides música tamén podemos cantarlle ao respecto pola  diferenza, a igualdade e a tolerancia dos dferentes tipos de familias con esta canción. 





E ti, con cal destas familias te identificas? 



3 comentarios: