Páxinas

xoves, 21 de maio de 2020

XOVES 21 .NATURAIS E PLÁSTICA







Hoxe xoves 21 de maio, e toca clase de naturais e ..plástica! a vosa actividade preferida.
Pero primeiro tedes que correxir as tarefas de onte.


Aquí vos deixamos a corrección dos exercicios do caderno de lingua de onte mércores 20
Premede na imaxe
Non vos esquezades de correxir noutra cor para que poidamos poñer en común as dificultades.




         Agora traballaremos utilizando os 5 sentidos !

Si,si  , os 5 sentidos!  Estade moi atentos ao seguinte repaso do tema 2 de naturais 



Estes vídeos poden axudar a que entendades un pouco mellor como percibimos o mundo.












Agora toca estudar e imos repasar:

  • Os sentidos: a vista,o oído,o olfacto,o tacto e o gusto.
  • Os seus coidados.
  • Algunha curiosidade.
1ª Tarefa:

Ten preparada a túa libreta de naturais, un lápis,regla e pinturas de cores para subliñar.


  • DETÉN a diapositiva cando vexas a imaxe dos ollos grandes  porque aparecen palabras claves que vas a necesitar para facer o esquema de cada sentido.





 PREPARADOS,LISTOS E XAAA!
Prema enriba da imaxe  e   estate moi atento....




2ª Tarefa: 

Actividade interactiva





E agora  plástica!!!

                                                



Hoxe propoñemos unha actividade para participar  no I CONCURSO INFANTIL E XUVENIL que  propón a A delegación de Santiago de Compostela do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia .  
Tratase dun concurso infantil e xuvenil, a participación é voluntaria. 
Se queredes participar deixamos abaixo o enlace para saber máis sobre o formato,prazo,premios,..
De todos os xeitos facer o deseño da vosa vivenda ideal e enviarnos as fotos,que iremos subindo á pestana de plástica. O prazo de presentación de propostas ao concurso  ata o 31 maio

O TEMA  DO DEBUXO  É "A VIVENDA IDEAL"
                                             Sendo a  vivenda a protagonista
  • Que cambiaría?                                      
  • Como quereres que sexan os espazos as vosas casas?
  • Que botamos de menos? 
  • Se puideses como cambiarías a túa vivenda? 
  • Como sería a vivenda ideal? Debúxaa!



              Para máis información:








2 comentarios: