Páxinas

sábado, 18 de abril de 2020

RETO Nº 5: DESBLOQUEA A HABITACIÓN TAREFAS DOMÉSTICAS



Bos días  xentiña!! 
Xa chegou o finde  pero os nosos retos non paran.
 Hoxe tocaríanos o reto 4 pero imos cambialo polo RETO 5. 



Hoxe sábado imos ver se conseguimos desbloquear a 5ª habitación : TAREFAS  DOMÉSTICAS.
Este é un reto un pouco especial porque tedes que levalo a cabo durante o sábado e o domingo.



O reto consiste en:

Demostrar que sodes capaces de responsabilizarnos dalgunhas tarefas de casa durante a fin de semana. 
Mirade que calendario tan interesante, escrito tamén con pictogramas. 
Nel tedes un montón de actividades para escoller, non fai falta que as fagades todas. 
Falade coa vosa familia e entre todxs escollede as que máis vos apetezan ou vos diga a vosa familia. 
E como sempre mandarnos fotillo para que vexamos que sodes capaces.
As tarefas domésticas son cousa de todxs!! 









Ningún comentario:

Publicar un comentario