Páxinas

martes, 31 de outubro de 2023

O SAMAÍN


Como todos os anos por esta época no cole celebramos o  SAMAÍN que en galeico significa festa do fin do verán.Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense a carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.



Tamén hoxe tiveron merendas terroríficas preparadas con moito agarimo polas familias.









A rapazada inventou historias de medo,pócimas máxicas e pasos para cazar unha pantasma.


Compartiron os momentos de lectura e de medo cos compañeiros de 4º de primaria.








Tamén confeccionaron dúas cabazas para participar na exposición organizada pola AAVV do Calvario no primario andar do mercado.

Unhas xemelgas moi terroríficas!!!



Prema enriba da foto e verás un video do que fixemos nestes días







Ningún comentario:

Publicar un comentario