O 31 de maio toda a rapazada de 4º foron a vistar a Vila Romana de Toralla na finca de Mirambel. Chámase así porque o terreo era propiedade desta familia que de feito,foron os primeiros en descobrir os primeiros restos deste xacemento arquelóxico no ano 1920
A principal particularidade deste xacemento, que data dos séculos IV e V despois de Cristo, é que é a única vila romana de Galicia que está escavada integramente e pode ser visitada.
Hai dous tipos de recorrido, un visual exterior, con paneis informativos sobre o emprazamento, e outro entre os restos da vila. Así, pódense apreciar as diferentes estancias da casa, as salinas e un complexo sistema termal que denota a elevada posición social dos seus moradores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario