No Pombal encaixamos todos.
O 3 de decembro de cada ano, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, establecido en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, e representa unha oportunidade para reflexionar e promover as accións necesarias para garantir os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade.
No cole quixemos conmemorar esta data creando entre todos este bonito paraugas.
Se pasades pola Praza da Estrela igual o vedes por alí!
Nós xa o paseamos polas aulas do cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario