Como estamos neste luns soleado?? Con ganiñas de facer cousas?
Pois aquí estamos nós con algunha proposta interesante.
Hoxe 18 de maio celébrase en todo o mundo o
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
e todos os anos escollen un lema para conmemoralo.
No 2020 o lema é
Museos por la igualdad: Diversidad e Inclusión
Hoxe fixéchedes unha comprensión lectora que trataba dunha obra moi famosa de Leonardo Da Vinci, A Gioconda que se atopa nun dos museos máis importantes do mundo: o Museo do Louvre en París.
Premendo na imaxe do museo poderás acceder a un video no que farás un pequeno percorrido polas súas salas.
Tamén coñecedes o Museo do Prado en Madrid porque xa propuxemos neste blogue algunha actividade interactiva para coñecer a súa obra e algún de vós seguro que xa o visitou persoalmente.
Para celebrar o Día Internacional dos Museos co seu lema propónnos unha actividade moi interesante na que hai que ter moi boa vista e atención. Trátase de buscar diferentes personaxes na imaxe dunha das fachadas do museo que está ateigada de xente moi diversa. Atréveste?? Pois adiante!! Premede na imaxe para saber o que tes que facer e cómo tes que facelo e empeza a xogar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario