LE CON ATENCIÓN ESTA INFORMACIÓN SOBRE A ORIXE DO SAMAÍN
A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta,en galeico samain significa festa do fin do verán.
Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense a carón do
lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.
O cristianismo, adoptando o aninovo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como Día
de Todos os Santos, e no século XII, o día seguinte, estableceríao como
Día dos Defuntos.
Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes
era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai
moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a
tradición de tallar unha caveira na cortiza das cabazas e poñer no seu interior
unha candea que escintile pola noite.
Os celtas tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.
Un pouco de música terrorífica!!!!
Agora unha coreografía para ensaiar...
Pon a proba os teus coñecemetos sobre o Samaín no seguinte xogo.
E por fin chegou o día tan esperado...... A rapazada pasouno de MEDOOOOOOOO
ADIVIÑAS DE SAMAIN
PÓCIMAS MÁXICAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario