Páxinas

xoves, 4 de xuño de 2020

XOVES 4 XUÑO: NATU E PLÁSTICA






Bo día, rapazada!
Onte foi un día especial porque por fín fixemos un recreo virtual onde estabamos casi todxs. 
Creo que resultou moi ben, asi que imos  repetilo para a semana que ven.👏👏👏👏

E agora mans a obra.
Con tanta emoción onte esquecémonos da conta de dividir!!! seguramente a botástedes de menos!. 

Conta de hoxe:
8.025: 5 = 



Aquí vos deixamos a corrección dos exercicios do caderno de lingua de onte mércores 27
Premede na imaxe
Non vos esquezades de correxir noutra cor para que poidamos poñer en común as dificultades.

Hoxe repasaredes un dos temas mais bonitos de naturais. OS ANIMAIS.
Primeiro tedes que repasar o aprendido,mirade a presentación e recordare o que xa sabedes.



Agora xa estades preparados para empezar a traballar.


1ª TAREFA: REPASA XOGANDO







2ª TAREFA 
 Resolve este cuestionario. 



3ª TAREFA: traballo de investigación

  • Pensa no teu animal favorito.
  • Agora fai unha pequena presentación para os teus compañeiros/as  sobre ese animal Pode ser no ordenador, nunha libreta, folios,....  coma ti decidas!.
  • Nesa presentación tes que seguir esta ficha e podes engadir algo más: video, fotos, debuxos,...
Ficha:

Nome do animal:
clasificación: Vertebrado, invertebrado; que tipo.
Alimentación:
Reprodución:
Como se despraza:
Onde vive:
Outras características:
Algunha curiosidade:
Por que é o teu animal preferido:

Tes toda a semana para facelo. a data tope de entrega é o xoves 11 de xuño. Tedes que enviar ao correo: trasteandonopombal@gmail.com
Publicaremos todos os traballos na pestana de naturais.





PLÁSTICA





Hoxe queremos presentarvos a Alberto Giacometti, un gran pintor e escultor que fixo unhas esculturas moiiiii interesantes.
Fixádevos!! son moi alongadas e cos brazos e extremidades moi delgados e finos.


  

Alberto Giacometti  realiza esculturas sobre pedestais enormes. As súas figuras femininas de cadeiras redondeadas inspíranse no seu recordo da silueta dunha muller vista de lonxe.

A actividade de plástica desta semana é moi divertida. 
Tedes que facer esculturas como Giacometti pero utilizando papel de aluminio, dese que tedes en casa, cando envolvedes os bocadillos ou có que tapades a comida. En vez de tiralo ao lixo ides a darlle unha segunda vida, reutilízao e construe figuras.

Preme enriba destas siluetas e verás un pequeno video explicando como se pode facer.
Podedes enviar as vosas esculturas ao correo del Gmail.




Ningún comentario:

Publicar un comentario