Páxinas

venres, 5 de xuño de 2020

VENRES 5 XUÑO: BIBLIOTECAMOS E EXPERIMENTAMOS!!!





Primeiro venres de mes e xa está aquí o RETO DA NOSA BIBLIOTECA que esta semana combina a poesía e as vosas ilustracións.  Dispostxs a afrontar este reto???


Aquí vos deixamos o enlace. Premede na imaxe e empezade a crear!!  





Lembrades o reto da semana pasadaEsas coreografías tan marchosas? Pois clicando na imaxe veredes xs máis bailxns do cole.  Marcha, moita marcha!!!





Pero, a cousa non que da aquí... que vos parece se experimentamos un pouco???  Coñecedes o EFECTO MARANGONI? 



Cando dous líquidos de tensión superficial distinta entran en contacto xérase un movemento. Este proceso denomínaselle Efecto Marangoni. Podémolo observar na nosa vida cotiá coas pompas de xabón, … Na natureza tamén é utilizado por algúns insectos.

Un exemplo son algunhas especies de insectos, que o utilizan para moverse pola auga.

Para iso expulsan un líquido sobre a superficie da auga que consegue diminuír a súa tensión superficial creando unha onda sobre a cal poden surfear.


Agora mira este video e experimenta.



E para rematar a semana a última conta de dividir
6.789:9 =



Ata a semana que ven...
adios-y-goodbye-imagen-animada-0009

Ningún comentario:

Publicar un comentario