Páxinas

domingo, 28 de decembro de 2014

PROXECTO LAVADORES


TRABALLO SOBRE LAVADORES

Neste trimestre  o noso alumnado e a  comunidade educativa,iniciamos un traballo para coñecer mellor o lugar onde vivimos.
Investigamos o río  Lagares que baña a nosa cidade onde nace, os muíños, lavadoiros, fontes,.... e dicir ,todo aquilo que guarda relación coa auga.

Foi un traballo moi interesante,toda a rapazada e as mestras aprendimos moito sobre os muíños: como son,nome das súas partes, como funcionan,...

Tamén descobrimos que moi preto do colexio,na parroquia de Cabral,Candeán e Lavadores,existen muíños que todavía funcionan e outros en desuso.Tamén a cantidade de fontes e lavadoiros que hai espallados por toda o zona.
aqui podedes ver o moito que traballamos no colexio buscando información.

No mes de decembro fixemos unha saída para ver "in situ" todo o que aprendimos e a verdade é que resultou fenomenal!.Toda a rapazada ía moi motivada e grazas a colaboración de Manuel Costas ( Secretario da Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral) que foi un  guía  estupendo  acompañándonos durante todo o camiño os nenos e nenas poideron agarimarse con todo  novo que vivián.

Tamén queremos agradecer aos veciños donos do muíño de Parada,Don Daniel e Dionisio a súa dedicación por poñer a moer o muíño e atender a todas as preguntas dos nenos e nenas.

 Aquí deíxovos o que escribiu  Ana Benavides sobre o vivido na saída.


Grazas Ana ,eres unha grande redactora !!!



Excursión á Lagoa Mol

Ola son Ana Benavides Viñas, unha nena de 4º de primaria, estudo no colexio Pombal e fixen unha redacción a cerca dunha saída que fixemos á Lagoa Mol.
O primeiro que fomos visitar foi o bosque en Cabral, vimos un cruceiro de 1962, tamén vimos un hórreo, un cartel, unha lagoa XXL, un camiño,amieiros,salgueiros, plantas invasoras, parrulos, un campo de golf, ...
Despois fomos visitar o muíño de auga, alí explicounos o sr. Costas como se moe. 
Primeiro cae a auga con forza por unha pendente e entra no muíño facendo xirar a moa. Logo botamos os grans de millo pola moega e baixan ata a tarabela que deixa pasar os grans dun en un. Cando os grans caen na moa, a moa esmágaos e convérteos en fariña.
 Posdata: tamén  déronnos fariña.
Tamén visitamos un peto de ánimas, un home falounos de que se podía ir alí a rezar polas persoas que morreron.
Máis tarde, fomos a merendar a un parque que había en Candeán.
Por último, visitamos un dolmen  que era onde enterraban os mortos antigamente, ata encontramos un anaco de pel cosida moi antiga!!!.
Ademais, miramos dous canastros onde gardaban o millo: un moi antigo, e outro moi novo. Explicáronnos que a cruz que levan enriba é para que protexa o millo e o pico para defender o millo como se fose unha espada.
En canto os pes do canastro, contáronnos que teñen unha pedra circular enriba de cada pe, que se chama tornarratos, que é para que non poidan subir os ratos a comer o millo

3 VISITA AO MUIÑO - Kizoa Movie Maker

Ningún comentario:

Publicar un comentario