Páxinas

sábado, 27 de decembro de 2014

EXPERIMENTAMOS COA ARTE



A arte é unha ventá que permite aos nenos mirar non só cara ao mundo que os rodea, senón tamén cara ao seu pasado, a súa propia historia e a historia da humanidade.



A arte promove a capacidade creativa e axuda no proceso de desenvolvemento da autoestima, a motivación e a disciplina.


Participar en actividades artísticas axuda a respectar outras maneiras de pensar, á vez que lles da ferramentas para resolver os seus propios problemas e para comunicar os seus pensamentos e ideas en diferentes formas.


Este curso iniciamos unha nova experiencia 

 A través dunha viaxe polo mundo da pintura e os seus pintores máis representativos, aprenderemos a interpretar a historia dende a època da prehistoria.

No primeiro trimestre, iniciamónos coa Prehistoria,as súas etapas e a pintura rupestre. 
Experimentaron con diferentes técnicas como os homes do Neolítico, e tamén debuxaron  imitando  e utilizando os seus instrumentos.

Aqui podedes ver que ben quedou a réplica da caverna de Altamira.

PINTURAS RUPESTRES

Ningún comentario:

Publicar un comentario