Páxinas

xoves, 28 de maio de 2020

XOVES 28 DE MAIO: SOCIAIS E PLÁSTICA








Hoxe é xoves 28 de maio, case rematando o mes!
 e toca clase de sociais e ..plástica! a vosa actividade preferida.
Pero primeiro tedes que correxir as tarefas de onte.


Aquí vos deixamos a corrección dos exercicios do caderno de lingua de onte mércores 27
Premede na imaxe
Non vos esquezades de correxir noutra cor para que poidamos poñer en común as dificultades.




EMPEZAMOS CON SOCI

Hoxe toca repasar o que aprendimos en SOCI sobre o a 
O AIRE E A ATMÓSFERA


           1º.-  O aire e a atmosfera

           2º.- O tempo atmosférico

           3º.- O clima
   
           4º.- A contaminación do aire



Empezamos lembrando todo o que aprendimos na presentación. Aqui a tedes un pouco máis simplificada.



E un par de videos interesantes













E agora que vos parece se xuntamos soci con plástica e intentamos construir unha estación meteorolóxica caseira?
Nesta actividade experimentaredes  cos 
diferentes instrumentos de medida do tempo atmosférico

Nestes catro enlaces tedes as instruccións para fabricar con materiais que tendes na casa diferentes instrumentos de medida: 
.- Un catavento 
.- Un anemómetro
.- Unha manga de vento 
.- Un pluviómetro

Podedes facer un , dous, tres ou convertervos en  grandes científicos e construir os catro instrumentos. Así, se engadides un termómetro para medir a temperatura, teredes unha verdadeira estación meteorolóxica.

Adiante!!! Tedes dende hoxe ata o luns. Enviádenos as fotos das vosas estacións meteorolóxicas caseiras ao noso mail
trasteandonopombal@gmail.com

Premede nas distintas imaxes para acceder ao instrumento: instrucións e materiais. 
CATAVENTO


ANEMÓMETRO

MANGA DE VENTO

PLUVIÓMETRO

Ningún comentario:

Publicar un comentario