Páxinas

mércores, 27 de maio de 2020

MÉRCORES 27 DE MAIO: OUTRA VEZ LINGUA E EDUCACIÓN FÍSICA


   


Ola rapazada!                                                         
Que tal vos sairon os problemas matemáticos? O venres na videoconferencia resolveremos as dúbidas que teñades.


Aquí tedes a solución.





Practicamos co noso corpo con E.F.


Na seguinte ligazón tedes a a proposta desta semana de Educación Física.
 "Esta semana tócanos practicar lanzamentos"
e a conseguir estes retos!!!







                   E agora imos con LINGUA     


1ª TAREFA
Hoxe tócanos Comprensión lectora. Que vos parece unha historia de bruxas?? Adiante, sen medo, premede na imaxe para acceder.


Agora colle a libreta de lingua e anota o traballo que tes  que facer no libro dixital. Deste xeito xa non terás que volver ao blogue para ver cada actividade.

2ª TAREFA
Tócanos traballar cos determinantes artigos e as súas contraccións.

Entra no libro dixital de lingua, no tema 6 A HORA DO ALMORZO nas páxinas 96 e 97  
.-   Repasa o cadro azul de teoría da páxina 96 e  copia na libreta o cadro das contraccións  da páxina 97

.- Preme nesta imaxe para facer unha ficha interactiva  sobre as contraccións. 
Cando remates clica no botón de enviar ao profesorado poñendo o mail trasteandonopombal@gmail.com



3ª TAREFA
Seguimos con ortografía e as palabras con g
Entra no libro dixital de lingua, no tema 8 CUN OLLIÑO PECHADO, na paxina 130 

.- Estuda o cadro azul de teoría.

.- Fai as actividades do caderno de lingua das páxinas 48 e 49.


Mañá pondremos a solución das actividades do caderno.

1 comentario: