Páxinas

xoves, 30 de abril de 2020

BIBLIOTECA PARA REMATAR A SEMANA




Cómo pasa o tempo!!! Mañán empezamos novo mes e aínda que vai ser festivo e o luns seguinte tampouco teríamos clase non queremos deixar de compartir con vós un RETO que nos propón a biblioteca do noso cole Castelao no Pombal e que aproveitando estes días que non teredes tarefas que facer podedes levalo a cabo.

Na imaxe deixamos o enlace e xa non vos contamos máis por que as profes temos moito traballo preparando a nosa aportación.

Lembrade que tedes de prazo ata o xoves porque o venres da semana que ven  xa teremos outra proposta.



Tamén queremos contarvos que no blogue da biblioteca hai unha pestaña nova, na parte de arriba que se chama libros en PDF. Alí atoparedes libros para todas as idades que podedes leelos no ordenador, na tablet, no móbil... Botádelle unha ollada e xa nos contaredes!!
Se queredes entrar directamente, aquí vos deixo o enlace premendo na imaxe.



Ata o martes!!!! Bo finde!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario