Páxinas

xoves, 30 de abril de 2020

XOVES: SOCIAS E PLÁSTICA





Bo día rapazada!!!! Cómo estades hoxe? Dispostos para empezar?

Todos os xoves imos traballar  plástica  e unha semana soci e seguinte natu.

Esta semana empezaremos por SOCI repasando o tema do SISTEMA SOLAR e a REPRESENTACIÖN DA TERRA que xa lembramos que vos gustaba moito.



Empezamos lembrando todo o que aprendimos na presentación. Aqui a tedes



E agora unha actividade interactiva superdivertida
Temos que PEGAR OS CROMOS do sistema solar onde corresponda e ao rematar clicar en TERMINADO que está abaixo de todo. 
A continuación sae unha pantalla onde tes que premer onde pon ENVIAR MIS RESPUESTAS A MI PROFESORA
A continuación tes que ESCRIBIR o teu nome completo, o curso (3º A ou 3º B), a asignatura (sociais) e o noso mail 
(trasteandonopombal@gmail.com). 
E por últimos clica en SEND que significa enviar. 
Xa está!! Rematado!! O teu traballo chegara a nós, as vosas  profes!!!



Boa sorte!!!!


ACTIVIDADE DE PLÁSTICA

Hoxe imos axudar a raposa" Fedella" a resolver os retos que vai plantexar.
Agora  imaxinamos que estamos paseando polo museo da Cidade da Cultura,  en Santiago, e atopamos este cuadro do pintor chamado Pieter Brughei

MOI ATENTO E ATENTA!!! PONTE OS LENTES SE PRECISAS  E MIRA CON MOITO DETENIMENTO


lente-y-gafa-imagen-animada-0004



ACTIVIDADES A REALIZAR:

      1º.-     Colle lápis, unha libreta e contesta,non é preciso que  copies as preguntas:

(Mañana publicaremos la solución)

        2º.- Debuxa




Esto é o que vemos as profes Cris e María dende as nosas fiestras.






Tómate o tempo necesario para facer o teu debuxo,podes facelo no fin de semana o a ratitos,cando sintas a inspiración.
Cando o teñas faille unha foto e mándaa ao correo de trasteandonopombal@gmail.com.
Entre todos os cuadro imos montar unha galería de Arte.

Non sexades remolóns, todos e todas tedes o voso estilo e todos son válidos.

Ahhhhh!! Non te esquezas de asinar a túa obra de arte!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario