Páxinas

luns, 4 de maio de 2020

CANTA ACTIVIDADE ESTE FIN DE SEMANA!!!


Ola pandilla!!!  
Que tal foi a finde agora que xa podemos saír todxs un ratiño?

Hoxe queríamos compartir con vós un par de cousiñas.

As profes xa estamos inmortalizadas nas portadas dos libros que escollimos para o 1º RETO DA BIBLIOTECA. Que vos parecen?? 






















Pero... non conseguimos o reto nós soas. Tamén hai un montón de amigxs do cole e algúns das nosas clases.
Queres velos??? Pois preme nesta imaxe para acceder.

Anímate e participa ti tamén!!! Aínda estás a tempo!!!







flor-imagen-animada-0388OS MAIOS flor-imagen-animada-0110


As festas dos maios festexa o final do inverno. ´
Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e ao redor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas

O curso pasado construimos entre todo o alumnado e os profes do colexio un maio.
Este curso, non o poidemos facer ,pero a profe Montse e as súas fillas , fixeron un na súa casa e compartironno connosco.
Mirade que chulo lles quedou.
Parabéns!!




                              


Ningún comentario:

Publicar un comentario