Páxinas

domingo, 6 de setembro de 2020

Xa estamos de volta!!

 

XA ESTAMOS AQUÍ DE NOVO...

Preparando todo para a volta ao cole


Temos moitas ganas de veros pero xa sabedes que teremos que cambiar algunhas cousiñas para poder estar xuntxs outra vez e ao mesmo tempo garantir  a seguridade de todxs.


Para realizar unha correcta explicación sobre estas modificacións e o desenvolvemento do plan de actuación, realizaranse antes do comezo de curso reunións por nivel coas familias.

 

Estas reunións terán lugar no comedor/pista cuberta do colexio baixo as seguintes normas de seguridade:

 

-  Un único asistente por alumno/a e non poderán entrar nenos/as á reunión.

 

-  Separación entre cadeiras dun mínimo de 1,5m

 

-  Obrigatorio:     * traer un bolígrafo e libreta ou algo para apoiar para escribir  e *o uso de máscara                    

 

- Cada persoa recollerá na entrada un folleto coas novas normas.

 

-  Entregárase outra documentación que as familias cubrirán durante a asistencia á  reunión.:

 

-  Actualización de datos : teléfonos e dirección

 

-  Autorización de imaxe

 

-  Recollida do alumnado

 

-  Compromiso da autoenquisa COVID 19.

 

  - No caso de realizarse no comedor, entre reunións haberá 30 minutos de ventilaciónmentres se realizarán labores de limpeza nas cadeiras/mesas empregadas.

 

  - As reunións deberán durar no tempo indicado.

 

  - Abriranse os dous portalóns para entrar as reunión.

 

Nota: Aproveitaremos para repartir os vales de libros e material ás familias de alumnado de Primaria.

Premendo na imaxe seguinte poderedes ver o calendario de reunións.

 


        ESPERÁMOSVOS!!!!

A VOSA ASISTENCIA É MOI IMPORTANTE



Ningún comentario:

Publicar un comentario