Páxinas

mércores, 10 de xuño de 2020

MÉRCORES 10 DE XUÑO: LINGUA E EDUCACIÓN FÍSICA


Bos días!!!!!
Que tal foron os problemas de onte?. Aqui tedes a solución. O venres falaremos sobre as actividades interactivas e resolveremos as dúbidas






Xa estamos na metade da semana  e tócanos... EDUCACIÓN FÍSICA E LINGUA

Practicamos co noso corpo con E.F.

Na seguinte ligazón tedes a proposta desta semana de Educación Física.

 "Esta semana seremos ATLETAS OLÍMPICOS!!


  







E agora imos con LINGUA     



                         Primeiro colle a libreta de lingua e anota todo o que tes que facer no libro dixital. Así non tendrás que volver ao blogue para ver cada actividad.

 1ª TAREFA

Empezamos cunha EXPRESIÓN ESCRITA. 
Hoxe tedes que mandarnos vós un correo electrónico a trasteandonopombal@gmail.com
Tedes que poñer no enderezo do destinatario: trasteandonopombal@gmail.com 
e no asunto: o voso nome e "As miñas vacacións".

Ídenos contar que pensades facer nestas vacacións pero non vos podedes esquecer do saúdo e da despedida e por suposto... en galego!!!

2ª TAREFA

Tócanos repasar no libro dixital as palabras polisémicas no tema 4 UN CONTO PARA NADAL
.-   Repasa o cadro de teoría da páxina 59
.- Nesa mesma páxina, entra en recursos e fai a actividade interactiva "As palabras polisémicas" 

3ª TAREFA

Pasamos a ortografía e as palabras con b.
Entra no libro dixital de lingua, no tema 9 O DÍA QUE NACEU O TRIGO , na páxina 150 e 151  

.- Copia os cadros azuis de teoría de cada unha das páxinas.

.- Fai as actividades do caderno de lingua da páxinas 54 e 55.



Mañá pondremos a solución das actividades do caderno.

ATA MAÑÁN!!!




























Ningún comentario:

Publicar un comentario