Páxinas

luns, 15 de xuño de 2020

LUNS 15 XUÑO: PREPARANDO AS NOSAS DESPEDIDAS





 Bo día rapazada!!!
Xa estamos na última semana antes das vacación do verán. E por iso, imos disfrutar dunha semana moi especial.

Que vos parece se o venres facemos unha videoconferencia para celebrar que xa rematan as clases?? 

Pero como vai ser unha gran celebración teremos que preparala... cada día un pouquiño.

Pois empezamos!! Hoxe como é luns imos preparar dúas cousas:

fotografo-imagen-animada-0019
.- Sacarnos unha foto divertida e mandala a :trasteandonopombal@gmail.com.



.- Escribir un texto onde nos despidamos dxs compañeirxos, dxs profes, do cole... e contemos como levamos este fin de curso sen poder ir ao cole.
Podedes escribilo en galego ou en castelán. 
Ten que estar escrito con boa letra, que se entenda ben e decoralo como vos queirades. 

Podedes seguir este guión:

.- Presentación
.- Como me sentín no confinamento: as emocións positivas pero tamén as negativas.
.- Todas as cousas que quero facer e aínda non podo.
.- Escribir un desexo para o curso que ven.
.- Despedida


Logo sacádelle unha foto o máis enfocado e nítido posible e mandala tamén a trasteandonopombal@gmail.com

Con estas dúas cousas, as profes imos a preparar unha sorpresa para o venres.

Veñaa!!!! Esperamos as vosas as vosas fotos e textos!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario