Páxinas

xoves, 7 de maio de 2020

XOVES 7 MAIO: NATURAIS e PLÁSTICA


                   
                               Bos días rapazada!
Xa estamos a 7 de maio e case rematando a semana. Hoxe toca repasar o que aprendimos sobre o corpo humano: 

                        1º.-  As súas partes.

                         2º.- As etapas da vida.

                        3º.- As funcións vitais: 
                               _  Nutrición
                               _ Relación 
                               _ Reprodución  

Se premes enriba da imaxe verás un resumo sobre o máis importante do corpo humano. Atento,ver,volver a ver e despois fai as tarefas que tes a continuación. 

Ollo virollo! non se poden facer as actividades sen ler o repaso.  Vixiamoste!!




ACTIVIDADES
Resolve estas 3 tarefas..
Preme enriba das imaxes,se tes dúbidas volve a consultar a información anterior. 
Ao rematar non te esquezas de darlle a finalizar.

1º.-    Resolve este encrucillado. 
 2º.-  Aparello dixestivo            
 
  
   3º  Sopa de letras






Si tes unha puntuación superior de 8/10, Felicidades!!!
Eres un alumno e alumna PRO
(te seguimos vixiando,vemos os resultados ....)






PLÁSTICA


E agora imos facer unha actividade de plástica.



                    CARREIRA DE VERMES .                       


  • Material necesario:

Papel,rotuladores ou lápices de cores e unha palliña. 

Se queredes podedes enviarnos algunha foto ou video dos vermes ou da carreira que fagades con alguén da vosa familia

Estade atentos a este video e fixádevos como se fai




E despois de todo isto, xa podedes correxir as actividades de onte de Lingua.






Ningún comentario:

Publicar un comentario