Páxinas

luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2020


Bo día de novo!!!
Seguro que xa todas e todos sabedes que o próximo domingo como todos os 17 de maio celebramos o 
Día das Letras Galegas 
Por iso durante toda a semana, xogaremos e  gozaremos con estas actividades aínda que este ano as celebracións oficiais do Día das Letras Galegas aprazáronse para o 31 de outubro.
De todos os xeitos a Real Academia Galega quere que o 17 de maio sexa unha celebración colectiva na que todxs participemos.
Este ano, este dia está adicado a 
RICARDO CARVALHO CALERO

E nós non íamos ser menos... apetécevos?
Temos propostas de actividades para todos os días da semana:
LUNS 11 MAIO
Actividade LIM do Seminario Galán para aprender moitas cousas da vida de Carvalho Calero. Premede na imaxe para empezar a xogar.




MARTES 12 DE MAIO
Xogo de pistas interactivo escape room sobre as Letras Galegas e Carvalho Calero. Premede na imaxe  e se precisades axuda para saber onde tes que clicar, buscade na esquina superior dereita un botón cun dedo. 



MÉRCORES 13 MAIO
Aproveitando que os mércores temos lingua, tedes a proposta de actividades na entrada de este día.


XOVES 14 MAIO
Seguimos xogando con outro escape room pero este é máis dificil e misterioso. A ver si sodes capaces!!! 



VENRES 15 MAIO
E rematamos a semana cun xogo de dardos, Don Ridardo, no que poredes a proba todo o que aprendichedes esta semana.


Se ainda tedes gañas de máis, deixámosvos estes dous enlaces:

Blogue da nosa biblio



Blogue do Equipo de dinamización Lingüística do noso cole

Medramos coa nosa lingua.


Pasádeo moi ben!!


2 comentarios:

  1. SOY JOSE LUIS DE 3A TODOS HECHOS MELO PASE GENIAL CON ESTE TRABAJO DAS LETRAS GALEGAS

    ResponderEliminar