Páxinas

luns, 17 de febreiro de 2020

CHARLA E OBRADOIRO SOBRE O MAR E ANIMAIS MARIÑOS




Como cada ano, o 11 de febreiro celebramos "O Día da Muller e da Nena na Ciencia" co obxectivo de achegar a ciencia á escola e axudar a conquerir o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as nenas e as mulleres. 

Tivemos o pracer de disfrutar dunha charla e dun obradoiro sobre o mar e os animais mariños a cargo de Juan Bellas, papá de Xabier e biólogo e Marcia Ares mamá dun alumno de 4º de , do Instituto Oceanográfico de Vigo .

Así de atentas e atentos estábamos, escoitando e lembrando o que xa aprenderamos o ano pasado!!!





Este foi o "experimento estrela" .Tiñan que comprobar que canto máis CO2 expulsamos nós,o mar máis ácido se volve.
Parecía maxía!!!!






Tamén puidemos observar e manipular os dentes dos golfiños, o pico dos calamares, o contido do estómago de diferentes especies...






A ciencia ten que ver coa experimentación e a reflexión... e  aqui estamos nós... reflexionando a tope!!!!









Ánimo!!  A ciencia espéravos!!!

Moitas grazas a Juan e a ???? por facernos partícipes do seu traballo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario