

Como todos os anos, ao final do mes de xaneiro,celebramos o día da Paz e a non violencia escolar.
Este ano decidimos aportar o noso pequeno gran,realizando carreira solidaria a favor da asociación de Discamino.
Este ano decidimos aportar o noso pequeno gran,realizando carreira solidaria a favor da asociación de Discamino.
DisCamino é un proxecto que
naceu para unir Discapacidade e Camiño de Santiago, axudando a persoas con problemas
a cumprir o seu sono de chegar a Santiago.
DisCamino non só é o roteiro, é a preparación física e mental necesaria
para levar a cabo este reto é:
- O compañeirismo
que xorde nos retos compartidos,
- A ilusión de
implicarse en algo que cambiará a túa vida e encheraa de significado.
- O día a día de
moitas persoas que, aínda que nunca vaian poder pedalear, teñen necesidade de
algo, ou de alguén, que lles axude ou acompañe no seu paso por este mundo.
Participando na CARREIRA SOLIDARIA, están axudando a pagar o material, os desplazamientos, manutención nos roteiros, aloxamentos… e evitar a exclusión social.
Se queredes ter máis información podedes entrar neste enlace:
Tamén na clase estiveron traballando sobre o significado da palabra Paz e en grupos construiron unha frase de Gandhi e Nelson Mandela que está exposta na entrada principal do colexio.
Neste pequeno video,podedes ver como un grupo de clase ten unha receita para vivir tranquilo.
Parabéns a todos e todas!
"I have a dream" (Martin Luther King)
Esta é a frase que escollimos para compartir co resto da escola no hall de entrada ao centro. Aquí estamos ben atarefados pegando boliña tras boliña, pero en equipo é moito máis doado.
Nós tamén temos un soño: favorecer a inclusión das persoas con discapacidade.
Non faltes á nosa carreira solidaria a favor de DISCAMINO
o xoves 30 o día da Paz e non Violencia escolar,todo o alumnado do colexio,realizaron un pequeno acto na pista,escoitaron auns compañeiros do colexio que quixeron dar un pequeno concerto con instrumentos de vento, e despois as nais da AMPA prepararon unha chocolatada que foi a ledicia de todos.
Hola María soy Nicolás el blog esta muy guay,eche un vistacillo y esta chulo.
ResponderEliminarGracias Nico, está para que lo disfruteis con vuestras familias.
EliminarMaría