O mércores 24 de novembro participamos na competición de campo a través, organizada polo servizo Provincial de Deportes de Pontevedra dentro da categoría de benxamíns.
Esta iniciativa tivo como finalidade:
- A participación inclusiva de todo o alumnado.
- Loitar contra o sedentarismo.
- Fomentar a igualdade de xénero.
A actividade foi realizada tendo en conta o contexto da situación sanitaria na que nos atopamos, respectando os grupos burbulla de cada centro.
Tivemos unha zona do recinto asignada onde poidemos deixar as mochilas, cazadoras e posteriormente merendamos.
O quecemento previo a carreira o fixemos na zona de presaída cos monitores encargados da actividade.
Foi unha experiencia moi satisfactoria e toda a rapazada pasouno fenomeal.
Ata tivemos sesión de baile!!
O mellor premio é o de participar!!
Xa temos a clasificación dos colexios participantes nas diferente categorías por cursos.
Como vedes quedaron clasificados de primeiros!!!!!
PARABÉNS A TODO O EQUIPO
Ningún comentario:
Publicar un comentario