Outra vez esta semana estivemos de sorte. Da man dos Bolechas e dun viaxeiro no tempo e o espazo moi especial puidemos saber máis do 112.
AXEGA, a Axencia Galega de Emerxencias que xestiona o Centro De Emerxencias 112 Galicia, quere dar a coñecer a importancia do traballo das persoas que cada día velan pola nosa seguridade e prestan axuda en caso de emerxencia.
Coñecermos como se debe usar o número de emerxencias europeo e usalo correctamente é esencial para a nosa seguridade e a das demais persoas, de ahí a necesidade de concienciar e sensibilizar desde as primeiras idades no bo uso do teléfono de emerxencias 112.
Aquí vos deixamos unhas fotiños da actividade:
Así empezamos: máquina misteriosa e aparición dun viaxeiro moi especial
Tamén visitounos Loli que non deixou de facer trasvesuras dentro da máquina...case que sae disparada e fai estoupar a nave.
Tamén tivemos música a ritmo de rap,
empezamos con pouca enerxía...
pero logo viñémonos arriba e aquí tendes o resultado
Bravo rapeirxs!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario