Páxinas

mércores, 22 de abril de 2020

RETO Nº 8: DESBLOQUEA A HABITACIÓN FALANDO COA FAMILIA


Ola, ola!!!
Seremos capaces de alcanzar o RETO nº 8?  A por el!!








Hoxe mércores tócanos desbloquear a 8ª habitación : FALANDO COA FAMILIA
 Apetécevos convertervos en grandes xornalistas? 

Hoxe faremos unha entrevista en galego!!!

O reto consiste en:

O primeiro que temos que facer é ver este video clicando na imaxe que xa nos da algunha pista

Despois temos que pensar a quen imos facerlle a entrevista e preparar un guión das preguntas.

Empregaremos as mesmas preguntas do video pero temos que traducilas ao galego e despois engadiremos dúas preguntas máis tamén en galego.

Este traballo de preparación do guión imos facelo premendo nesta imaxe. Non te esquezas de darlle a enviar.





Cando xa teñades todas as preguntas preparadas, ensaiade un pouco ( o tono de voz, a postura...) e ata podedes vestirnos de etiqueta.

Se vos apetece, enviarnos algún video que non sexa moi longo dalguna parte da entrevista.

Moita sorte xornalistas!!!



E agora vai o reto matemático.

Colle lapis e papel, apunta na libreta de matemáticas e resolve:
PROBLEMA MATEMÁTICO

Si vas a entrevistar a unha persoa da túa familia e dura 1/4 de hora.
1º.- Cantas entrevistas podes realizar en 1 hora?.(pista: 1h= 60 minutos)

2º.- Debuxa un círculo e divídelo en 4 partes iguais. Colorea la fracción correspondente a 1ª entrevista.




Ningún comentario:

Publicar un comentario