Páxinas

martes, 21 de abril de 2020

RETO Nº 7:DESBLOQUEA A HABITACIÓN DE HIXIENE PERSOAL


Bos días, pandilla!!!

TEMOS BOAS NOTICIAS!!! 
A PARTIRES DO LUNS 27 XA PODEDES SAÍR UN POUQIÑO A RÚA A DAR UN PASEO E RESPIRAR😉😉😉😉😉😉

Preparadxs para continuar cos retos?

Hoxe martes imos ver se conseguimos desbloquear a 7ª habitación : HIXIENE PERSOAL.
Como estades de voz?? Hoxe toca cantar!! 

Pero antes temos que resolver este problema matemático. Colle lapis e papel, apunta na libreta de matemáticas e resolve:


PROBLEMA MATEMÁTICO

Na farmacia onde compra a profe María había unha lista de espera de 8 familias e chegou un paquete con  824 pares de guantes.
1º.-Cantos pares de guantes tócalle a cada familia?
2º.- Na casa de María son 3. Cantos pares lle toca a cada        un?
3º.- Sobra algún?

Mañana publicamos os resultados. A ver se coinciden!!!

 Para inspiraros coa canción, deixámosvos este video




O reto consiste en: 

Inventa unha canción que fale da hixiene que debemos de ter para evitar o contaxio do coronavirus. 
Escríbea , practicaa e despois grabaa no muro . 

Aquí vos deixamos unha axuda para que sepades grabar




Para poder entrar no muro e empezar a grabar, clica nesta imaxe



1 comentario:

  1. Encántanos as cancións.Xela,Xian e mais eu estivémolas escoitando unha morea de veces.

    ResponderEliminar