Páxinas

luns, 20 de abril de 2020

RETO Nº 4 e 6: DESBLOQUEA A HABITACIÓN EXERCICIO e DE LER



Ola  rapazada!!
Dispostxs a alcanzar os seguintes retos?
Hoxe como é luns, imos a empezar a semana con forza.

Hai que conseguir dous retos: RETO 4 e RETO 6

Empezamos co RETO 4.
A por el!!!!




Este reto consiste en:
Sabedes que Xian é un verdadeiro artista bailando break? Pois imos ver se sodes capaces de seguilo aínda que sexa un pouquiño.  No seguinte video, temos a Xian bailando a cámara lenta para que sexa máis doado.
Ánimo!!! Que montamos logo un grupiño no cole...


ESTÁBAMOS NÓS PENSANDO SE....
Xian da 9 voltas nun minuto. Cantas voltas dará nunha hora? E nun día?

Resolve este problema facendo as operacións necesarias.
Mañana publicamos os resultados. A ver se coinciden!!!!


Seguimos co RETO 6.
A por el!!!


Este reto consiste en:
Xa sabemos que despois de ler o libro "Feliz Feroz o lobiño riquiño" sodes uns expertxs en lobos, verdade? Pois hoxe imos demostralo...
PREME na imaxe e accederás a un cuestionario moi interesante, CONTESTA reflexionando ben o que te preguntamos e dalle a ENVIAR. En uns días terás noticias nosas informándote se es un experto en lobos.
Boa sorte!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario