Páxinas

xoves, 16 de abril de 2020

RETO Nº 2 : DESBLOQUEA A HABITACIÓN TEMPO CON AMISTADES



Bos días!!!
 Preparadxs para continuar cos retos?




Hoxe xoves imos ver se conseguimos desbloquear a 2ª habitación



Reto nº 2


1º.- Tes que facer unha foto soamente da túa cara.

2º.- Fai un autorretrato que ocupe a mitade dun folio. Mírate durante un tempo no espello; fíxate como é a forma da túa cara,dos teus ollos,nariz, o pelo...
                                               
             
Fíxate nestes debuxos para inspirarte.

3º.- Agora fai outra foto do debuxo que fixeste,pero non lle poñas o nome.

4º.-  Pide axuda a túa familia para que envien por correo electrónico a: trasteandonopombal@gmail.com as dúas fotos.(do autorretrato e do debuxo).
         A ver se conseguimos participar todxs !!!

Con todas as fotografías imos facer o xogo de:ADIVIÑA QUEN ÉS QUEN?
Non creades que vai a ser así de fácil!!! 
Teredes que esperar a semana que ven para poder xogar.....



Ningún comentario:

Publicar un comentario