Bos días!!! Preparadxs para empezar os retos?
Hoxe mércores imos ver se conseguimos desbloquear a 1ª habitación : XOGAR
O reto consiste en:
- Crea! SPINNER DE PAPEL
Para crear un spinner de cartón de cores, precisarás:
- Unha corda fina
- Dous círculos de papel do mesmo tamaño
- Dous círculos de cartón do mesmo tamaño que os do papel.
- Rotuladores de cores
- Tesoiras
- Pegamento de barra
Agora comezaremos a preparar o xoguete:
- Comezaremos facendo dous círculos iguais sobre un folio. Podes usar un compás ou un recipiente como guía. Nun folio entran dous círculos.
- A continuación teremos que poñernos creativos e facer o noso mellor deseño sobre eses círculos cos rotuladores. Non é necesario cubrir ambas casas. Cando rematemos de colorear, recortamos os círculos.
- Sobre un cartón non demasiado gordo, trazamos dous círculos do mesmo tamaño que os do papel. Despois recortámolos e pegamos os círculos de papel a cada lado.
- Finalmente, facemos dous buratos no centro do cartón, por onde introduciremos unha corda fina ou un fío duns 70cm de largo. Tras pasar a corda polos buratos facemos un nó, e....LISTO! PODEMOS COMEZAR A XOGAR!
Aquí vos deixamos os pasos en vídeo por se tedes algunha dúbida:
Buenos días a todos? Soy Sergio, tengo ganas de verlos a todos
ResponderEliminarOla Sergio! Son Cris. Eu tamén teño moitas pero pensa que xa queda moito menos. Ánimo!!!
Eliminar