Páxinas

venres, 3 de abril de 2020

REMATE DO SEGUNDO TRIMESTRE


Ola familias!!!

Hoxe temos unha SORPRESA para toda a familia.  Esperemos que vos guste moito e que sintades o noso cariño e acompañamento nestes momentos tan difíciles. Se somos capaces de sacarvos un par de sorrisos, nos damos por satisfeitas.
Alumnado, familias, Anpa, personal non docente, personal de comedor, aula matinal e profesorado... formamos unha gran familia.
"A FAMILIA DO POMBAL"

Ánimo!! Resistiremos frente a todo!!







Laura, a profe de prácticas, tamén quiso participar neste blogue e vos manda moito ánimo e uns enlaces a uns videos onde podedes practicar:


Trucos de maxia moi sinxelos 


marcapáxinas de origami para os libros que estades lendo e así pasar mellor a cuarentena.

Origamis 



ANIMÁDEVOS a subir algún video facendo algún truco ou algunha foto cos vosos marcapáxinas. Podedes mandalo ao correo:
trasteandonopombal@gmail.com e nos encargarémonos de poñelos na pestana das vosas aportacións.


Cantas cousas podo facer en vacacións!!!

  • E algo de experimentar coa ciencia?  pois aquí tedes uns cantos experimentos para facer na casa

Tamén  AFUNDACIÓN ten uns recursos educativos moi interesantes de teatro,cociña, contacontos,...
Preme enriba de cada imaxe e terás acceso a eles.
TEATRO RUBICUNDO            VIDEO CONTOS

                                                                                                           

COCIÑA EN FAMILIA


VISITA VIRTUAL                           PAPIROFLEXIA




Durante as vacacións (do sábado 4 ao luns 13 de abril) , non haberá proposta de novas actividades, pero podemos seguir conectados no blogue de xeito virtual  escribindo no muro. 
Aproveitade para rematar as tarefas anteriores e tamén para  cantar, bailar, ler,  xogar,  debuxar, cociñar  e  facer  todas as cousas  divertidas que se vos ocurran.















      Disfrutade destas vacacións un pouco singulares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario