Páxinas

luns, 27 de abril de 2020

EMPEZAMOS SEMANA!! INFORMACIÓNS VARIAS


Bos días rapazada e familias!!!

Como foron eses paseos de onte? Seguro que disfrutáchedes moitísimo pero non esquezades as medidas que tedes que poñer en práctica cando saiades a rúa. Pouco a pouco e co esforzo de todxs imos conseguir que esta situación remate.

Hoxe empezamos unha nova semana e queremos comentarvos algunhas cousiñas



1º.-  Aquí tedes o horario que imos  seguir ao longo das semanas que dure o confinamento. Non vos preocupedes porque vai ser moi sinxelo. 



    

Como vedes cada día teredes soamente  dúas materias diferentes. As actividades  poñerémolas diariamente.


2.- Ao longo desta semana iniciaremos videoconferencias por grupos ,ao principio serán grupos reducidos para ver como vai resultando e despois engadiremos a máis. Enviarémola invitación por Abalarmóbil a cada familia.


 Na pestana de comunicación coas familias está  a información  de como  instalar o programa. È importante que o instaledes canto antes .


ÁNIMO!!! TEDES UNHA SEMANA NOVA POR DIANTE CON SAÍDAS A RÚA😊😊😊😊💙💚

EMPEZAMOS HOXE COAS ACTIVIDADES DO LUNS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario