Páxinas

mércores, 1 de abril de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE



Vigo, 31 de marzo de 2020 
Estimado alumnado, estimadas familias:
Antes de nada todo o profesorado queremos transmitirvos todo o noso apoio e ánimo nestes momentos tan difíciles.
Precisamos, mais que ningunha outra cousa da coordinación e un esforzo de todos e todas nós
(profesorado, alumnado, pais e nais) por acomodarnos a esta nova  situación.
Non nos esquecemos do momento no que estamos: Co noso alumnado metido nas casas e algúns sen acceso a internet .
Por iso queremos daros o noso apoio e axuda, porque desta imos sair.

Informacións que lles poden resultar útiles:
1. SEGUNDA AVALIACIÓN.
Ata o día de hoxe a Consellería mantén o calendario escolar,
polo que a segunda avaliación levarase a cabo tal e coma estaba prevista.
O venres 27 de marzo pola tarde recibimos instrucións da Consellería na que se nos instaba a poñer as notas
da 2º avaliación.
Non serán avaliados os contidos tratados telemáticamente dende o 16 de marzo, data de inicio do confinamento.
 O referente da avaliación será o traballado ata o momento da suspensión das clases.
Polo tanto este período abrangue dende o 8 de xaneiro ao 13 de marzo de 2020.

A partir das 15:00 horas do venres 3 de abril o boletín informativo poderedes velo
a través da aplicación gratuita ABALAR MOBIL.
Por iso se non tendes instalada a aplicación animámosvos a que o fagades.
Nota sobre ABALAR MÓBIL:
É necesario instalar esta aplicación nos vosos dispositivos móbiles.
Para que funcione é preciso que na base de datos do centro estea ben posto o número de teléfono que ides empregar.


2. SEMANA SANTA:
Dado que o calendario escolar sigue vixente, o 3 de abril
comezarán ás vacacións de Semana Santa reanudándose o período lectivo
o martes 14 de abril. 
Durante esta semana non subiremos novos contidos aos blogs nin á web.


3.  3ª AVALIACIÓN:
Como somos e sodes conscientes, as clases continuarán a ser virtuais mentres
a administración non decida o contrario.
Xa vos iremos informando de cómo o iremos facendo.

4. O CENTRO
Ata nova orde de Inspección e Consellería, permanecerá pechado
para calquera tipo de xestión presencial. 


Todo o claustro está a traballar para tentar que esta situación extraordinaria repercuta
o menos posible no noso alumnado.
No comezo do terceiro trimestre daremos conta da forma de desenvolvemento do mesmo. 
Co desexo de que todas e todos esteades nas mellores das condicións e

Cos maiores dos ánimos, recibide un cordial saúdo.
Moitas grazas.

O CLAUSTRO DO CEIP PLURILINGÜE O POMBAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario