Páxinas

mércores, 18 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS


Manuel María Fernández Teixeiro foi membro da Real Academia Galega Galega e polo seu labor a prol da nosa lingua e cultura se lle adica o Día das Letras do 2016.

 Naceu o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Era fillo de Antonio e Pastora, dous labregos. O pai chegou a ser alcalde da súa localidade.
Estudou bacharelato en Lugo e nesta cidade comezou a súa carreira literaria.Comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago aínda que os abandonou ao pouco tempo.
O seu primeiro libro de poemas publicouno cando tiña vinte e un anos e levaba por título «Muiñeiro de brétemas». Traballou durante moitos anos na vila lucense de Monforte de Lemos como Procurador ao tempo que daba clases nunha academia, escribía libros, colaboraba nunha emisora de radio, participaba en política e mantiña aberta, xunto coa súa muller Saleta, a libraría Xistral.
Manuel María foi un gran defensor da cultura galega é un dos autores que ten máis libros publicados noso idioma..


Eiquí deíxovos un pequeno video onde se recolle o traballo realizado ao longo destes días por todos os nenos e nenas da clase. Moi bo traballo



Ningún comentario:

Publicar un comentario