Páxinas

xoves, 3 de marzo de 2016

VISITA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS E AO PAZO DE RIVERA ATIENZA


O martes 1 de marzo tivemos un día estupendo, o sol acompañounos toda a xornada!!!
Fomos de visita a biblioteca Xosé Neira Vilas e tamén a ver in situ unha edificación propia de Galiza e moi preto do noso colexio, O Pazo de Rivera Atienza.
Aproveitando o día tan bo, fixemos parada no parque para merendar e recoller follas para o noso herbario.
Pasamos por camiños,rúas e avenidas.
Foi unha saída mooi aproveitable. toda a rapazada portouse moi ben e penso que tamén gozaron con esta saída.

Quero agradecer:

  •  Ao persoal da biblioteca a súa colaboración co noso centro e a boa elección  nas actividades realizadas.


  • A directora do Pazo de Rivera Atienza, Dona Begoña Amigo por ensinarnos o pazo e explicarlles a historia desta edificación e as actividades que se desenvolven nel.




Ningún comentario:

Publicar un comentario